apóutega

apóutega
Nome científico: [Cytinus hypocistis, Fam das raflesiáceas]
s f [PLANTA]

Planta perenne de ata 15 cm de altura, con flores unisexuais e tetrámeras, dispostas nunha espiga e cubertas cada unha delas por dúas brácteas da mesma cor ca as follas. Estas follas están reducidas a escamas ovadas, amarelas ou laranxas, sen clorofila e, xa que logo, sen capacidade para realizar a fotosíntese. Está distribuída pola Europa mediterránea coincidindo coas carpazas ás que parasita. Foi empregada como astrinxente e contra a disentería; a súa flor é buscada polos nenos para chucharlle o néctar.

Variantes

Sinónimos

Palabras veciñas

apousentar | apousento | apoutar | apóutega | apouvigar | apoxa | apoxar