Appleton, Edward Victor
Appleton, Edward Victor
Físico inglés. Estudiou no Saint John’s College de Cambridge e traballou, como axudante de Ernest Rutherford, no laboratorio Cavendish. Interesouse pola propagación das ondas electromagnéticas, que máis tarde aplicou ao desenvolvemento do radar. A partir dos estudios sobre a ionosfera e a reflexión nela das ondas de radio definiu unha nova capa atmosférica á que se lle deu o seu nome. Recibiu o Premio Nobel de Física no 1947.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bradford -
Deceso
Lugar : Edimburgo