apud*
apud*
-
prep
Palabra latina que significa ‘en’ ou ‘na obra de’, utilizada sobre todo en referencias bibliográficas. OBS: A súa abreviatura é ap.
-
apud acta*
[DER]
-
Locución utilizada na práctica forense que designa unha manifestación feita na mesma acta ou documento no que constan outras actuacións do proceso.
-
Dise especialmente da obriga concreta, do nomeamento do avogado ou do procurador dun tribunal feito no mesmo expediente, nas mesmas actuacións xudiciais ou administrativas.
-