apud*

apud*
  1. prep

    Palabra latina que significa ‘en’ ou ‘na obra de’, utilizada sobre todo en referencias bibliográficas. OBS: A súa abreviatura é ap.

  2. apud acta* [DER]
    1. Locución utilizada na práctica forense que designa unha manifestación feita na mesma acta ou documento no que constan outras actuacións do proceso.

    2. Dise especialmente da obriga concreta, do nomeamento do avogado ou do procurador dun tribunal feito no mesmo expediente, nas mesmas actuacións xudiciais ou administrativas.