APUD

APUD
  1. [BIOL]

    Conxunto de células que no período embrionario emigraron dende a capa ectodérmica á endodérmica conservando certas características histoquímicas e bioquímicas con capacidade para captar precursores de aminas e de secreción de diversas hormonas.

  2. tumor APUD [PAT]

    Tumor formado por células APUD con capacidade para segregar hormonas diferenciadas; teñen particularidades histiolóxicas comúns e posúen gránulos densos de tipo neurosecretor.

    Sinónimos: apudoma.