apto -ta

apto -ta

(< lat aptu)

  1. adx

    Que é apropiado, por disposición natural ou adquirida, para facer algo.

    Ex: Foi un partido moi emocionante, apto para os que lles gusta ver o deporte.

    Sinónimos: capaz. Confrontacións: competente.
  2. adx

    Que é axeitado ás necesidades de algo ou alguén.

    Ex: Sen dúbida era unha secretaria apta para desempeñar ese traballo.

    Confrontacións: conveniente.
  3. adx

    Que superou satisfactoriamente unha proba ou exame.

    Ex: Só se poderán presentar os alumnos aptos no primeiro exame.

Palabras veciñas

Apteryx | aptialismo | aptitude | apto -ta | aptrónimo | aptum* | APUD