competente

competente

(

  1. adx Antónimos: incompetente.
    1. Que é apto para unha profesión, entendido nunha materia ou con habilidade para un labor.

      Ex: Este mestre é moi competente. Atopamos xornaleiros moi competentes.

      Antónimos: incompetente.
    2. Aplícase a quen legalmente lle pertence o dereito de decidir ou a quen ten competencia nunha materia.

      Ex: Dixéronme que non era o departamento competente e que debía ir ó andar superior.

  2. adx [BIOL]

    Aplícase ás células, especialmente ás bacterianas, que son capaces de incorporar un segmento de DNA ao seu xenoma no decurso dun proceso de transformación.

  3. adx [XEOL]

    Aplícase ao material que se dobra ao deformarse.

Palabras veciñas

Compère, Loyset | Cómpeta | competencia | competente | competer | competición | competidor -ra