aptitude
(< lat aptitudĭne)
-
s
f
Conxunto de características que fan que unha persoa ou unha cousa sexa útil para unha función.
Ex: A súa aptitude para o traballo fixo que lle fixeran un contrato indefinido.
Antónimos: ineptitude. -
s
f
[PSIC]
Disposición ou capacidade natural ou adquirida para facer algunha cousa. As aptitudes, innatas ou adquiridas, e perceptibles coa educación, son un dos alicerces da diferenciación dos individuos.
Sinónimos: destreza, habilidade. Antónimos: ineptitude. -
s
f
[MICROB]
Estado fisiolóxico específico das bacterias lisóxenas durante o que se producen bacteriófagos infecciosos pola acción de certos axentes indutores.
-
[XEN]
-
s
f
Capacidade relativa dun organismo para sobrevivir e transmitir os seus xenes ao pool xénico da poboación na seguinte xeración.
-
aptitude global [ingl: inclusive fitness]
Suma da aptitude dun individuo e de toda a súa influencia na aptitude dos seus parentes que non sexan descendentes directos.
-
s
f