Apuleias, Leis
Apuleias, Leis
Nome co que se coñecen diversas leis promulgadas en Roma, por iniciativa do tribuno Apuleio Saturnino, entre os anos 103 e 100 a C. O seu obxectivo era regular a distribución das terras provinciais (Lex Appuleia agraria) e defender os habitantes das provincias das posibles extralimitacións dos maxistrados e a milicia (Lex Appuleia maiestatis). Tamén recibe este nome a Lex Appuleia de sponsoribus, posiblemente do s III a C, que establecía en dereito unha sociedade entre os acredores dun mesmo debedor, de xeito tal que se un deles tivese pagado máis do que proporcionalmente lle correspondía, podía repartir o excedente entre os seus socios.