Aquae Flaviae
Aquae Flaviae
Único municipium romano ben documentado pola epigrafía da Gallaecia. O trazado da cuadrícula deste núcleo urbano, situado no Convento Xurídico Bracarense en territorio do populus dos aquiflavienses, aínda é plenamente discernible na cidade portuguesa de Chaves, importante rexión mineira. Contiña interesantes estruturas urbanísticas, como amosan os achados arqueolóxicos da Ponte de Traxano co seu Padrón dos Pobos, un encoro, un acueduto e termas públicas.