Aquae Quintiae
Aquae Quintiae
Poboación situada no Convento Xurídico Lucense, citada por Ptolomeo como núcleo do populus prerromano dos seurros. Semella que a súa localización actual estaría na zona de Sarria, ao noroeste do actual Monforte e ao sur de Guntín. Convértese en mansión intermedia da vía romana secundaria de Lucus Augusti (Lugo) a Dactonium (Monforte). Este topónimo menciónase tamén nunha tesela militar.