aquiflaviense
aquiflaviense
(
-
adx
Relativo ou pertencente a Aquae Flaviae ou aos seus habitantes.
-
s
[HIST/ETN]
Individuo do pobo aquiflaviense.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo (populus) prerromano da Gallaecia, no Convento Bracarense, que tiña por núcleo principal Aquae Flaviae (Chaves). Debeu ser un pobo de profunda romanización xa que Aquae Flaviae foi o único municipio romano (municipium) do noroeste peninsular na época de Vespasiano (69-79 d C), a quen estaba dedicada a columna de Chaves (Padrão dos Povos). Debido ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon do estudo dos populi, este pobo confúndese ás veces co dos turodos ou turodoros, que ocupaban o territorio situado ao sur de Chaves.