aquifoliáceo -a
aquifoliáceo -a
(< lat aquifolĭu ‘acivro’ + -áceo)
-
adx
Relativo ou pertencente ás aquifoliáceas.
-
s
m
[PLANTA]
Árbore ou arbusto da familia das aquifoliáceas.
Sinónimos: acuifoliácea. -
s
f pl
[PLANTA]
Familia de árbores ou arbustos da orde das cornais, constituída por unhas 400 especies dioicas, de flores pequenas tetrámeras ou pentámeras, en inflorescencias cimosas, e de follas xeralmente coriáceas e estipuladas. É propia das zonas cálidas ou temperadas. O único xénero representado en Galicia é Ilex.
Sinónimos: acuifoliácea.