Aquilia, Estipulación
Aquilia, Estipulación
[HIST/DER]
Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.