Aquilia, Fórmula

Aquilia, Fórmula
  1. [HIST/DER]

    Fición legal pola que se autoriza aos posuidores de boa fe, usufrutuarios e outras persoas que teñan algún dereito ou interese sobre unha cousa que recibira dano ou prexuízo algún pola actuación doutra persoa, a poder reclamar xudicialmente coma se fosen propietarios.

  2. [HIST/DER]

    Fórmula creada por Caio Aquilio Galo que permitía instituír herdeiros aos netos que nacesen despois da morte do testador.

  3. [HIST/DER]

    Fórmula creada por Caio Aquilio Galo, contemporáneo de Cicerón, empregada para extinguir, por medio da aceptación, o débito transformado en obrigación verbal.