Aquin, Louis-Claude d’
Aquin, Louis-Claude d’
Organista e compositor francés. Aos seis anos xa tocaba o clavicordio e aos oito xa compuxo unha cantata que el mesmo dirixiu. Foi o organista da Sainte-Chapelle (1706), de Saint-Paul (1727), dos Cordeliers (1732), da Capela Real, onde sucedeu a Andrieu (1739), e de Notre-Dame. Entre as súas obras están a cantata Circe, un libro de sonatas para clavecín (1735) e unha colección de vilancicos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso