Aquitania, conca de

Aquitania, conca de

Rexión natural de Aquitania, Francia, situada entre o Macizo Central e a costa Atlántica, entre os Pireneos e o Loira. Está unida á conca de París pola porta de Poitou e ao Languedoc mediterráneo pola de Naurouze. Na área do N os calcarios do Lías superior e do dogger forman altiplanos que nalgúns puntos producen relevos cársticos. No SL, a área de Périgord está formada por calcarios do Xurásico e do Cretáceo que en parte se atopan cubertos por areas terciarias (areas de Perigord). O Garona atravesa a parte central da conca, formando un val moi amplo que deu lugar a cinco niveis de terrazas fluviais.