Ara

Ara

Río da comarca de Sobrarbe, Aragón, afluente pola dereita do Cinca (65 km). Nace no macizo de Viñamala, flúe polo val do Broto e, á altura de Fiscal, torce en dirección L regando Boltaña; desemboca no Cinca cerca de Aínsa.