arabesco -ca

arabesco -ca

(< árabe)

  1. adx

    Que presenta características arábigas.

  2. s m [ARTE]
    1. Composicións obtidas polo encadeamento e pola enxeñosa disposición de liñas non figurativas. Trátase dun tipo de ornamentación que semella evocar a noción de reiteración, de retorno sobre si mesmo, emparentada co ornamentalismo celtoxermánico, a arte irlandesa e a viquinga, e con certas formas orientais e arcaicas da Mesopotamia e da arte exea pregrega. En literatura asóciase cun tipo de imaxe abstracta e simbólica, segundo a denominación imposta por Charles Bruneau a partir dunha pasaxe de Theophile Gautier.

    2. Liña imaxinaria que nunha obra artística une os diversos puntos vitais da composición.

  3. s m [ESPECT]

    En ballet, posición do corpo na que se sostén sobre unha soa perna e se mantén a outra levantada e estendida cara a atrás, mentres os brazos continúan a liña da perna levantada.