Arábico, deserto
Arábico, deserto
Deserto situado en Exipto e Sudán, entre o val do Nilo e o Mar Vermello. É un territorio montañoso composto de rochas cristalinas que culminan en Exipto no Ǧ abal Šā’ib al-Banāt (2.187 m) e en Sudán no Ǧ abal ‘Ōda (2.259 m). Posúe importantes recursos minerais.