Arabidopsis

Arabidopsis
[PLANTA]

Xénero de herbáceas da familia das crucíferas con froito en silicua de valvas de só un nervio. En Galicia pódese atopar en baldíos e terras de cultivo a especie A. thaliana, que acada os 40 cm de altura e presenta follas basais, pétalos de 4 mm brancos e froitos de ata 20 mm.