arabina

arabina

(<árabe + -ina)

s f [BIOQ]

Constituínte soluble en auga das gomas, especialmente da goma arábiga. Trátase dun hidrato de carbono polímero de glícidos, de peso molecular elevado (de 250.000 a 300.000). Está formada por un núcleo central ácido, denominado ácido arábigo, que resulta da condensación da D-galactosa co ácido D-glucorónico.