Arabis
Arabis
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das crucíferas, anuais ou vivaces, de follas alternas, xeralmente sinxelas, flores brancas, rosas, violetas ou azuis, reunidas en acios sen brácteas, e froito en silicua plana. En Galicia están presentes as especies: A. alpina, A. auriculata, A. glabra e A. juressi.