Araceli
Araceli
[ONOM]
Antropónimo procedente do latín Aracoeli ou Aracaeli ‘altar do ceo’. Este nome vén dunha advocación romana da Virxe María: Santa María de Araceli. Esta santa ten o seu santuario no cumio do Capitolio, no antigo templo de Xúpiter Capitolino, e a súa festividade celébrase o 2 de maio.