aráceo -a
aráceo -a
(
-
adx
Relativo ou pertencente á familia das aráceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das aráceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia da clase monocotiledóneas integrada por uns 110 xéneros que comprenden unhas 2.000 especies de plantas herbáceas, arbustos, árbores e lianas. A maioría son intertropicais e outras mediterráneas e centroeuropeas. Algu-nhas inflorescencias desprenden un fedor putrefacto que atrae moscóns e facilitan a polinización. Son moi preciadas como especies ornametais e algunhas tropicais son empregadas como complemento alimenticio. En Galicia está representada polos aros e a herba dos candís.