Aracne

Aracne

Na mitoloxía grecolatina, tecedora moi hábil que desafiou e venceu a Atenea na arte de tecer, polo que a deusa fixo que se convertese en araña. Segundo unha frecuente interpretación do cadro As Fiadeiras de Velázquez, esta obra estaría a recoller no seu primeiro plano a competición das tecelás, e no fondo, o momento en que a deusa, recoñecendo a superioridade de Aracne, fai a transformación.