arada

arada

(< arar)

  1. s f

    Acción e efecto de arar.

    Sinónimos: aradura.
  2. s f

      Terra labrada co arado.

  3. s f

    Porción de terra que se ara ou se pode arar nunha xornada.

  4. cantos de arada

    Melodías musicais de forma e estilo variado e mesmo heteroxéneo, son polo xeral de ritmo libre, pousado, de ictus achegado ao alalá. Unifícaos a vella función aludida no seu nome.

  5. s f

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘carta’.

Palabras veciñas

Aracosia | Arad | Arad | arada | Arada | arado | aradoiro