Arago, François
Científico e político. Foi deputado liberal no 1830 e líder dun grupo de extrema esquerda. Presidiu o Consello Xeral do Sena e foi membro do Goberno Revolucionario Provisional (1848) e ministro do Interior e de Mariña da Segunda República; aboliu a escravitude das colonias francesas. Xunto con Biot proseguiu a medición do arco do meridiano de París, iniciada polo astrónomo Méchain. Foi elixido académico aos 32 anos. Director do Observatorio de París (1830) e secretario perpetuo da Académie des Sciencies, descubriu os fenómenos da polarización rotatoria nos cristais de cuarzo, e os da polarización cromática; explicou o escintileo das estrelas segundo o principio das interferencias; determinou exactamente o diámetro dos planetas neutralizando o efecto da irradiación; descubriu a cromosfera solar e a polarización da luz difundida pola Lúa; detectou o chamado punto de Arago, un dos tres puntos da vertical que pasa polo Sol nos que a radiación difundida celeste ten polarización nula e que permanece xeralmente uns 20° por encima do antisol (punto de Babinet); descubriu a imantación do ferro por unha corrente eléctrica e o magnetismo de rotación; e fixo estudios sobre fotometría e sobre a velocidade do son. Informou favorablemente ante a Cámara de Deputados e ante a Académie des Sciencies sobre o invento de Niepce e Daguerre (1839). Publicou Astronomie Populaire (Astronomía popular, 1846) e as Oeuvres Complètes (Obras Completas, a partir de 1854).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Estagel, Pyrénées -
Deceso
Lugar : Orientales -
Deceso
Lugar : París