aralia
aralia
(< orixe iroquesa)
-
s
f
[PLANTA]
Arbustos dos xéneros Fatsia e Tetrapanax, pertencentes á familia das araliáceas e descritos orixinariamente no xénero Aralia. Presentan follas alternas lobuladas e estipuladas, con inflorescencias terminais en panícula de flores pouco vistosas e agrupadas nun acio de pequenas umbelas pedunculadas. De orixe asiática cultívanse como ornamentais en Galicia.
-
aralia papirífera
[PLANTA]
Aralia que pode acadar os 3 m de altura e presenta follas de ata 30 cm de longo. Orixinaria de China e Formosa, a súa polpa prensada é utilizada para a fabricación de papel.
-
aralia xaponesa
[PLANTA]
Aralia que pode acadar o metro de altura, orixinaria de China e Xapón.