Arana Goiri, Sabino de
Arana Goiri, Sabino de
Procedente dunha familia carlista do barrio de Abando, fundador do nacionalismo vasco moderno. Proporcionou os primeiros alicerces teóricos ao nacionalismo vasco, unindo a tese da independencia para Euskal Herria cunha ríxida relixiosidade e unha posición aburguesada fronte ás problemáticas sociais. Participou en diversas publicacións periódicas e escribiu traballos de revaloración da cultura autóctona, sobre todo lingüísticos: Etimologías euskéricas (1887), Gramática elemental del euzkera bizkaino (1888, incompleta), Lecciones de ortografía del euzkera bizkaino (1896), Orígenes de la raza vasca (1889) e Bizkaya por su independencia (1892). Foi preso por motivos políticos (1895-1896 e 1902).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Abando, -
Deceso
Lugar : Bizkaia -
Deceso
Lugar : Pedernales, Bizkaia