Aranda de Duero

Aranda de Duero

Municipio da comarca da Ribera del Duero, na provincia de Burgos, Castela e León, nas beiras do río Douro (29.222 h [1996]). Fundada por Ordoño I no 861, destacan as igrexas de Santa María (s XVI, protorrenacentista) e a de San Juan. Consérvase un grupo de vivendas góticas.