Aranda Mata, Antonio
Aranda Mata, Antonio
Militar. En xullo de 1936 era xefe da gornición militar de Oviedo; logo de proclamarse leal ao Goberno Republicano, sumouse ao Alzamento militar. Foi xefe do corpo do exército de Galicia e, finalizada a Guerra Civil (1939), capitán xeneral de València. Entre 1940 e 1943 recibiu su-bornos dos gobernos do Reino Unido e dos EE UU a cambio de influír diante do xeneral Franco e evitar a participación de España na Segunda Guerra Mundial a favor do Eixe. Os seus intentos entre 1942 e 1944 de favorecer unha restauración monárquica enfrontaríano cos proxectos do ditador, que o relegou das súas responsabilidades ata pasalo á reserva (1949). Morto Franco, o Rei Xoán Carlos I rehabilitouno e ascendeuno a tenente xeneral (1976).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso