Arantzazu
Arantzazu
Santuario do concello de Oñati, no territorio de Gipuzkoa, Euskadi. Segundo a lenda, en 1469 a Virxe aparecéuselle ao pastor Rodrigo de Balzategi. O santuario foi construído polos franciscanos en 1514 e incendiouse en 1834. O actual, construído entre 1950 e 1955, é obra dos arquitectos F. Sáinz de Oiza e L. Laorga; no seu interior destaca o gran mural de madeira da ábsida, obra de L. Muñoz. Hai un gran friso esculpido por J. Oteiza baixo o cal se abren as portas, executadas por Eduardo Chillida.