Aranza

Aranza
[ONOM]

Antropónimo feminino que ten a súa orixe nun nome de lugar. Posiblemente está relacionado co topónimo vasco Arantzazu, formado por Ara-antz-a-zu, ‘serra de moitos picoutos’ ou ‘lugar cheo de espiños’. A tradición popular fai derivar esta palabra dunha frase en éuscaro supostamente pronunciada por un pastor de Gipuzkoa, quen ante a aparición da Virxe, exclamou: Arantzan zu? ‘Ti no espiño?’ (composto por arantz ‘espiño’+ an ‘en’ + zu ‘ti’). Esta presenza de María interpretouse como a man salvadora da Virxe para Euskadi, asolada daquela por numerosas desgracias, guerras e fames. Esta advocación pasou séculos despois a Galicia co nome de “Nosa Señora do Espiño”. A festividade de Andra Mari de Arantzazu, patroa de Gipuzkoa, celébrase o 15 de agosto.