Arbil

Arbil

Capital do mu ḥ āfaa de Arbela, integrado na rexión autónoma do Kurdistán, no Iraq (485.968 h [1987]). Antiga cidade de Asiria, ao L de Nínive, de sona porque preto dela, en Gaugamela, tivo lugar a batalla na que Alexandre o Grande derrotou a Darío III de Persia, deixándolle aberto o paso cara á India (313 a C).