Arboç, L’

Arboç, L’

Municipio da provincia de Tarragona, no Penedès (3.362 h [1996]). Industria metalúrxica, téxtil e química. Vide, cereais, oliveiras e froiteiras. A igrexa parroquial de Sant Julià, construída no 1136 e ampliada a principios do s XIV, aparece xa citada en documentación do 991. A igrexa actual data do 1647.