Arbuckle, Roscoe
Arbuckle, Roscoe
Actor e realizador de cine cómico norteamericano, máis coñecido por Fatty, nome do popular personaxe que creou. Aproveitou a súa corpulencia, a súa cara de meniño e a súa gordura para conformar un personaxe singular no cine cómico daqueles anos. Traballou moito para Mack Sennet, Henry Pathé Lehrman e Charlie Chaplin. Participou, entre outros, nos filmes The alarm (A alarma, 1914), Fatty and the heiress (Fatty e a herdeira, 1914), Love and lobsters (Amor e lagostas, 1916), The other man (O outro home, 1916), The garage (O garaxe, 1920), e Hollywood luck (Sorte Hollywood, 1932).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Smith Center, Kansas -
Deceso
Lugar : Hollywood