arca
(< lat arca)
-
s
f
Caixa de madeira rectangular con tapadeira, onde se garda a roupa, o gran dos cereais ou calquera produto de consumo doméstico.
Ex: Metín toda a roupa de inverno na arca.
Sinónimos: hucha, tulla. Confrontacións: artesa, baúl, cofre, maseira. -
s
f
Lugar onde se gardan os cartos.
Ex: O rei garda na arca os cartos dos impostos.
-
s
f
[ANAT]
Parte do corpo delimitada polo costeleiro. OBS: Tamén se chama “arca do peito”.
-
s
f
[ARQUEOL]
anta.
-
s
f
[IND]
Nos antigos fornos de vidro, designación xenérica dos fornos accesorios que rodeaban o forno de fusión e que se quentaban coa calor perdida por estes. Conservouse o termo para designar os fornos de recocer, substituídos por túneles nas fabricacións continuas.
-
[RELIX]
-
arca de Noé
Segundo a Biblia (libro da Xénese), navío que construíu Noé por mandato divino para poder salvarse do Diluvio Universal coa súa familia e cunha parella (macho e femia) de animais de cada especie.
-
arca marmórica
Nome do lugar no que o Breviarium apostolorum (s VI) sitúa o enterramento do Apóstolo Santiago; sen embargo, a Concordia de Antealtares (1077), na que se reconstrúe a descuberta do sepulcro (ocorrida no 820 ou no 830), non fai referencia a ese topónimo. Algúns autores formularon unha posible relación entre Arca Marmarica e Amaia Tamarica, preto de Compostela. Non obstante , outros estudiosos defenden que o topónimo locus arcis marmoricis, que alude a un lugar con arcadas marmóreas (o edículo onde foi descuberto o Apóstolo), é a propia Compostela.
-
arca da alianza
Cofre de madeira de acacia revestido de ouro, destinado a conter as Táboas da Lei cos mandamentos de Deus ao pobo de Israel, considerado como a proba da presenza de Deus entre o seu pobo. Segundo a Biblia, foi construída por Moisés ao pé do monte Sinaí e logo colocouse no sancta sanctorum do templo de Xerusalén.
-
arca de Noé
Frases feitas
-
Ser unha arca sen fondo. Ser moi comellón, que non se farta nunca.