Arcadia

Arcadia

Nomós do Peloponeso, Grecia (4.419 km2; 105.309 h [1991]). A capital é Trípoli (21.337 h [1981]). Habitada por pobos de base económica gandeira, mantívose á marxe da evolución urbana xeral en Grecia. Pasada a hexemonía macedónica, ingresou na Liga Aquea. Logo formou parte do Principado de Acaia (1204), ata que os bizantinos a anexionaron ao Despotado de Mistra (1320). Foi posesión turca (1458-1822) ata a independencia do Reino de Grecia. Esta rexión recibiu as loanzas dos poetas clásicos, como Teócrito e Virxilio. Mitificada como lugar habitado por pastores que levaban unha vida de pracidez e serenidade, pasou á literatura e á arte europeas a partir do Renacemento.

Palabras veciñas

Arcade | Arcadelt, Jakob | arcadia | Arcadia | Arcadia | Arcadia, golfo de | arcádico -ca