Arcadia

Arcadia
Nome científico: [ital: Accademia degli Arcadi]

Academia fundada en Roma no 1690 por un grupo de escritores do Círculo de Cristina de Suecia coa finalidade de combater o “mal gusto” literario do s XVII, identificado co Manierismo. Os seus membros, que tomaban nomes pastorais, propugnaban unha volta á natureza e á simplicidade. Durante o s XVIII cultivaron unha poesía fácil, elegante e optimista. Estendida por toda Italia, sobreviviu ata finais do s XIX, logo transformouse na Accademia Letteraria Italiana (1925).

Palabras veciñas

Arcadelt, Jakob | arcadia | Arcadia | Arcadia | Arcadia, golfo de | arcádico -ca | Arcadio