Arcos, Los
Arcos, Los
ila do Camiño francés de Santiago situada entre Estella e Logroño. No s XIII tiña tres hospitais de peregrinos. Na actualidade consérvase a igrexa de Santa María, dunha soa nave, con capelas laterais dun Románico serodio (ss XII-XIII), con elementos arquitectónicos góticos, renacentistas e barrocos. Polo Portal de Castela (s XVII), presidido polas armas de Felipe V, os peregrinos proseguían a marcha cara a Viana.