Arcos, Santa María de
Arcos, Santa María de
Templo situado en Chantada, datado no primeiro cuarto do s XIII. As partes máis antigas que se conservan son de orixe románica, aínda que son escasos os elementos medievais desta construción chegados ata os nosos días. A interesante portada norte remata nun arco de medio punto con tendencia ao apuntamento, e arista en bocel seguida de escocias e medias canas; está sostido por dúas columnas rematadas en capiteis cubertos de follas moi estilizadas e rematadas en bólas. O tímpano é semicircular e está rodeado dun arco de descarga.