arcosauro

arcosauro

(

  1. s m sing [ANIMAL]

    Réptil da subclase dos arcosauros.

  2. s m pl [ANIMAL]

    Subclase de réptiles que tivo o seu apoxeo na era mesozoica. Caracterizábanse pola posesión de dúas fosas temporais no cranio e pola adaptación á locomoción bípeda da maioría dos individuos. Pertencen a esta subclase os dinosaurios, os pterosaurios e os crocodilos.