Arcos da Condesa

Arcos da Condesa

Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santa María. Constitúe unha entidade local menor. No lugar de Badoucos existe unha fundición artesanal de campás (propiedade dos descendentes de Felipe Blanco Ocampo dende 1630). Alí fundíronse, entre outras, as campás do templo de Vera Cruz do Carballiño, de San Campio da Terra, da concatedral de Santa María de Vigo e da catedral da Almudena de Madrid.

Datos de poboación (2007)

Concello Caldas de Reis
Poboación Total 415 h
Poboación Homes 195 h
Poboación Mulleres 220 h