Ardegán

Ardegán

Grupo de gravados rupestres composto por catro grupos diferenciados, situado na aba occidental do monte Ardegán, parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña. No Grupo IV, o máis interesante, obsérvanse dous cervos totalmente contorneados, fundíndose nunha mesma liña as patas traseiras e dianteiras, o que suxire nas representacións a actitude do trote. Nos restantes grupos represéntanse unha serie illada de cervos, tanto en movemento como en posición estática.

Palabras veciñas

Ardanza Garro, José Antonio | Ardea | Ardèche | Ardegán | árdego | ardeido -da | ardeiforme