Arden, John

Arden, John

Dramaturgo. Iniciouse co éxito da peza radiofónica The Life of Man (A vida do home, 1956) e foi un destacado membro do movemento Angry Young Men. Entre as súas obras, sometidas a técnicas brechtianas, salientan Live like pigs (Vivir coma porcos, 1958), Sergeant Musgrave´s dance (O baile do sarxento Musgrave, 1959), The happy haven (O refuxio feliz, 1960) e The workhouse donkey (A ama de casa parva, 1963), escrita, como as posteriores The hero rises up (O heroe sublévase, 1968) e The making of Muswell Hill (A creación de Muswell Hill, 1979), en colaboración con Margaretta D´Arcy.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barnsley, Yorksire

  • Falecemento