Ardiaca i Martí, Pere

Ardiaca i Martí, Pere

Político. Creou unha sección do Partit Comunista de Catalunya en Balaguer e foi un dos impulsores da fundación do Partit Socialista Unificat de Catalunya (1936). Ocupou cargos directivos do novo partido e do diario Treball. Foi o primeiro director da revista teórica do PSUC (1961), Horitzons (dende 1962, Nous Horitzons), e responsable na etapa 1972-1976, despois de estar preso pola súa oposición á ditadura (1962-1971). Deputado por Lleida nas Cortes Constituyentes (1977) e no Parlament de Catalunya (1980-1984), foi Presidente do PSUC (1981). Defensor da liña prosoviética, foi expulsado do partido, creando no 1982 o Partit dels Comunistes de Catalunya, do que foi Presidente.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Balaguer, Lleida

  • Deceso

    Lugar : Moscova