Área

Área

Publicación feminista que naceu en maio de 1987 como voceira da organización Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG). Ten unha periodicidade variable e os seus contidos recollen a preocupación por conxugar feminismo e nacionalismo, ópticas desde as que analizan a situación de marxinación e explotación das mulleres en Galicia.