Areces, Ramón

Areces, Ramón

Empresario. Aínda novo emigrou a Cuba onde comezou a traballar nos almacéns El Encanto da Habana. Tras un período de formación nos EE UU retornou a España, iniciando a súa andaina empresarial coa apertura, en 1935, dun pequeno almacén de roupa, que chamou El Corte Inglés, no centro de Madrid. A partir dos anos cincuenta iniciou unha coidadosa planificación que vai converter a súa empresa no primero grupo español de distribución, abranguendo actividades industriais (confección téxtil, moble, informática) e de servicios (axencia de viaxes, seguros). Así mesmo, xestionou o grupo Construciones y Contratas, situándoo entre os máis importantes do sector. A fundación que leva o seu nome desenvolve, desde os seus inicios en 1976, un importante labor cultural e de investigación. En 1982 foi nomeado Doutor Honoris Causa en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Oviedo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : La Mata, Asturias

  • Deceso

    Lugar : Madrid