Aref, ‘Abd al-Rahmān
Aref, ‘Abd al-Rahmān
Militar e político iraquí. Participou no golpe de estado de 1958, que derrocou a monarquía e rompeu a federación con Xordania. Mentres gobernou o seu irmán ‘Abd al-Salam Aref (dende 1963), a quen axudou a liberarse da oposición dos baasistas, foi xefe do Estado Maior (1964); logo da morte daquel (1966), sucedeuno na Presidencia e formou goberno con baasistas moderados e kurdos. En xuño do 1968, logo dun golpe de estado incruento, exiliouse en Gran Bretaña.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bagdad